Esquerda Unida, Ourense.

Benvidos compañeiros! Esquerda Unida en Ourense quere cambiar esta cidade. Non queremos corrupción, non queremos caziquismo nin oportunismo, tampouco queremos que a política a fagan "políticos profesionais", claro está que eles non representan a voz dos intereses de todos os veciños, por iso nós queremos outro modelo de política con democracia participativa onde sexan os ourensáns os que decidan que modelo de cidade queren para eles e as vindeiras xeracións. Saúde e igualdade.

sábado, 26 de febrero de 2011

E.U. aposta por todo Ourense sen incineradoras.


Esquerda Unida participou este sábado 26 de febreiro de 2011 en Xinzo de Limia, nun acto organizado pola plataforma "Na Limia Non" que tiña por obxecto intentar deter o proxecto de instalación dunha incineradora con vertedeiro asociado no corazón da Comarca. A pesar do pouco tempo co que contou para organizar a movilización, a participación veciñal foi notable, e os grupos e asociacións que acudiron ao chamamento foron abondos. Afortunadamente, a cidadanía é cada vez máis consciente dos enormes perigos que esconden estas instalacións, e non están dispostos a arriscar a súa saúde e o futuro da súa comarca a cambio de catro traballos insanos e mal pagados.

Nesta ocasión, ao mesmo tempo que lles manifestamos aos organizadores o noso apoio, quixemos facer fincapé na nosa mensaxe de que a solución ao grave problema dos residuos non consiste en darlle prioridade á simple eliminación, e moito menos en inmensas instalacións de difícil control. Ademais, quixemos deixar constancia de que a incineración é a última das opcións que se deben considerar no tratamento dos residuos. É certo que aínda se utiliza nalgúns países, pero recúrrese a ela despois dun intenso proceso de recuperación e reciclaxe, dende logo moito máis ambicioso que o recollido no Plan de Residuos da Xunta. Nada que ver, por suposto, coas ridiculas porcentaxes de recuperación que pode amosar Sogama a día de hoxe.
Tamén quixemos deixar claro que a xestión de residuos debe ser pública e orientada exclusivamente aos beneficios sociais e ambientais, considerando que nunca debería rexer o criterio da rendibilidade económica nuns temas tan esenciais como a protección da saúde dos habitantes e a protección medioambiental.
Aínda que a errática política en materia de residuos do actual goberno galego non permita coñecer con certeza se Xinzo será o lugar elixido para ubicar a incineradora, Esquerda Unida amosa a súa total disposición a participar activamente en calquera movilización que se organice dentro da provincia de Ourense coa fin de evitar a instalación deste tipo de incineradoras ou doutras macroplantas de tratamento equivalentes.

martes, 22 de febrero de 2011

III Foro Feminista Falando Nós.


Por espazo de hora e media desenvolveuse a terceira xuntanza do foro feminista falando nós que contou coa presenza de 25 persoas.

Comezouse a xuntanza cunha breve presentación e lectura do acta anterior, para de seguido Victoria Eugenia e Celsa Perdiz facer un breve recordatorio das súas intervencións nos anteriores foros. Posteriormente leuse á proposta de Refundación.

Durante a última hora da xuntanza formáronse tres grupos de traballo para desenvolver propostas en relación ao regulamento da obxección de conciencia do persoal sanitario perante o dereito ao  aborto, e poñelas en común.

Grupo A
Recollida de firmas para entregar no Sergas
Mesas informativas para situar na P/ Maior, Universidade, PAC.....
Creación dunha curtametraxe ou documental informativo

Grupo B
Concienciación sociedade: pregunta parlamentaria sobre gasto económico, escritos prensa dende o foro, deixar constancia do pouco acertada da elección de Paco Vazquez como Defensor do Pobo, reflectir á obxección de conciencia no currículo académico universitario.
Recollida de firmas para a regulación da obxección obxección: recollida firmas. 3º Compromiso hospitais: contactar e organizar coa Plataforma Sanidade Pública co obxectivo de garantir a prestación da interrupción voluntaria na Sanidade Pública.

GrupoC
Presentar moción no Concello para que se esixa á Xunta de Galicia un servizo mínimo. Contactar coa Plataforma Sanidade Pública creando documento no que conste nº de abortos practicados na privada (arredor do 98 %), consecuencia económica para a Sanidade Pública, e reclamar a prestación como mínimo en cada hospital comarcal en Galicia.
Informar á cidadanía con: pequeno panfleto con letra grande e frases curtas para repartir na rúa, Universidade, barrios, asociacións de emigrantes, de mulleres, Casa Xuventude, Ateneo... Contactar coa MMM. Organización de conferencia con Doval. Difusión no Cine Clube, no ciclo dedicado á muller (Carmen propón a Camino como responsable que sae escollida).


Finalmente acordouse deixar a recollida de firmas para mais adiante (informarnos de cantas, como, onde dirixilas), xuntarnos o 7 de abril ás 20:00 h no Centro Cívico cos textos consensuados vía internet (facendo convocatoria SMS para achegar información á xente que non ten correo), ter pechada con lugar, contido, ponente, hora e data a conferencia.

jueves, 10 de febrero de 2011

Non o derrube das estacións de tren do barrio de A Ponte e de San Francisco.


Desde Esquerda Unida mostramos a nosa perplexidade ante o acordo que levará ó Concello, Xunta e Ministerio de Fomento a formar parte do ente que asumirá a integración da nova plataforma ferroviaria en Ourense.


Estación de tren de A Ponte.
Este acordo prevé derribar os edificios das estacións de tren, tanto da estación de A Ponte coma a da estación de San Francisco. Isto eliminará da realidade da nosa cidade dous dos nosos edificios históricos, sendo os derribos totalmente innecesarios que só obedecen a intereses particulares de distintos personaxes.

Apostamos pola integración dos edificios das estacións á realidade concreta da nosa cidadanía aprobeitando o seu uso, sendo as duas estacións os simbolos que non debemos esquecer pulando por un transporte público e de calidade; unha rede de metro lixeiro a corto prazo e ó servizo da xente é o que merecemos, ofrecendo un servizo accesible a todos, tanto fisica coma económicamente; temos que dotar á cidade dunha estratexia de metro lixeiro que de solución no día a día ós problemas de desprazamento de todos nós.
Estación de San Francisco.

Por parte de Esquerda Unida Ourense queremos darlle a noraboa e brindarlles todo o noso apoio a todas aquelas persoas, asociacións e grupos que están a defender os seus barrios e que non están dispostos a deixar pasar por alto todos os ataques que se levan a cabo desde as distintas administracións (Concello, Xunta e Goberno Central) contra a nosa cidade.