Esquerda Unida, Ourense.

Benvidos compañeiros! Esquerda Unida en Ourense quere cambiar esta cidade. Non queremos corrupción, non queremos caziquismo nin oportunismo, tampouco queremos que a política a fagan "políticos profesionais", claro está que eles non representan a voz dos intereses de todos os veciños, por iso nós queremos outro modelo de política con democracia participativa onde sexan os ourensáns os que decidan que modelo de cidade queren para eles e as vindeiras xeracións. Saúde e igualdade.

martes, 15 de noviembre de 2011

Vídeos Esquerda Unida Ourense


Barrio Sésamo PPSOE, dereita e dereita

 
O 20N non deixes que o fascismo tome o poder


 
Resumo programa electoral

                                         
Candidata ao congreso

Democracia ou mercados, ti elixes

 
Por unha sanidade pública e gratuita!!

 
Democracia ou mercados, ti elixes. PPSOE


A barbarie non se esquece

miércoles, 26 de octubre de 2011

Presentación da candidatura de Esquerda Unida pola provincia de Ourense o Congreso e o Senado.



O pasado mércores vinte e seis de outubro ás dez e media da maña tivo lugar na cafetería Grândola a presentación das candidaturas o Congreso e o Senado de Esquerda Unida na provincia de Ourense. O acto comezou cas verbas do coordinador comarcal J.Manuel Gutierrez que lle cedeu a palabra á candidata o Congreso dos Deputadas Sofía Díaz quen esbozou o programa electoral da organización que desta vez presentase en coalición cos verdes .

A candidata por Ourense fixo fincapé na importancia das propostas de EU nesta cita electoral, xa que "Esquerda Unida é a verdadeira forza de esquerdas capaz de crear unha saida real e social desta crise capitalista". As propostas como ben se explicou están vertebradas por 6 eixos que dividense en: revolución económica para cambiar o modelo productivo; a revolución democrática que mudará a inxusta lei electoral, a revolución ambiental en prol da preservación do medio natural no que vivimos; a revolución polo servizos públicos para que a clase dominante non nos arrebate as conquistas logradas pola clase obreira; a revolución pola igualdade, xa que ainda nos queda moito camiño que facer para acadar a equidade entre todas as mulleres e os homes sexa cal sexa a sua orientación ou condición; a revolución da cultura, porque ésta non é un negocio e porque a cultura ten que ser patrimonio de todas e todos non mercadoría alienante o servizo de intereses privados. Por todos estes cambios e en contra de todas as reformas que debilitan o Estado e a clase traballadora di basta! Outro mundo mellor é posible. Rebélate!


Candidatura ó Congreso:
1- Mª Sofía Díaz Gómez.
2-José Antonio Villar Blanco.
3-Fernanda Cedrón Trigo.
4-Jon Sáez García.

Suplentes:
1-Victoria Diéguez Guerrero.
2-Juan Victor Seara Gago.





Candidatura ó Senado:
-Manuel Peña-Rey Bouzas.
-Marta Elena Cuesta Abad.
-Daniel Calles González.

Suplentes:
1-Ángela Álvarez Cid.
2-Juan Carlos Gómez Álvarez.
3-José Carlos López Losada.
4-Marisa Lorenzo Iglesias.
5-Aristides Álvarez Arce
6-Mª de los Ángeles Rodríguez Amado.

martes, 24 de mayo de 2011

Acto peche de campaña 20 maio

O venres 20 tivo lugar no Ateneo de Ourense, o peche de campaña de Esquerda Unida. Diante dun numeroso número de simpatizantes, Esquerda Unida expresou dende o seu candidato, Jon Sáez, xunto con membros da candidatura, a necesidade de cambio e a ilusión acompañada de propostas para mudar a precariedade e os recortes sociais.  Tivo lugar a proxección dun pequeno documental realizado polo compañeiro Daniel Calles, e unha moi sentida lembranza ó noso compañeiro Manolo Villar.

jueves, 19 de mayo de 2011

Jon Sáez mantivo unha xuntanza cos veciños do barrio do Pino, onde explicou as propostas de E.U. e recolleu as queixas e necesidades do barrio.
O mércores 18 de maio, Esquerda Unida achegouse á feira de Ourense, onde se repartiu o programa electoral.

miércoles, 18 de mayo de 2011

Neste día reivindicativo da nosa identidade,o 17 de maio, Esquerda Unida levou a cabo a lectura de varios poemas de autores galegos na céntrica rúa do Paseo de Ourense.
Día das Letras Galegas. O candidato Jon Sáez pasou o día arroupado pola candidatura de Esquerda Unida Ourense, explicando e repartindo o programa electoral.