Esquerda Unida, Ourense.

Benvidos compañeiros! Esquerda Unida en Ourense quere cambiar esta cidade. Non queremos corrupción, non queremos caziquismo nin oportunismo, tampouco queremos que a política a fagan "políticos profesionais", claro está que eles non representan a voz dos intereses de todos os veciños, por iso nós queremos outro modelo de política con democracia participativa onde sexan os ourensáns os que decidan que modelo de cidade queren para eles e as vindeiras xeracións. Saúde e igualdade.

jueves, 28 de abril de 2011

Acto sobre a I.V.E. Foro Feminista Falando Nós.


Lucía, Dr Doval e Graciela.

O xoves 28 de abril ás 8 da tarde no Ateneo de Ourense o Dr Doval informou de como traduce a obxección de conciencia na práctica sanitaria pública perante os dereitos das mulleres que solicitan a prestación do I. V. E .

O acto estivo organizado polo grupo motor do foro feminista "FALANDO NOS" , foro que opera no marco da REFUDACIÓN da ESQUERDA.

Entre os e as asitentes atopábanse profesionais do dereito e da medicina o que propiciou o debate ao remate da intervención do xinecólogo Dr Doval.

sábado, 16 de abril de 2011

Guerrillero contra Franco, guerrillero contra el olvido.


Foto: Jon, Fernanda e Quico.


"Guerrillero contra Franco, guerrillero contra el olvido" libro escrito por Francisco Martínez, "Quico" (combatente na guerrilla de Castela e León) foi presentado en Ourense polo propio autor o 26 de abril no Liceo nun entañable acto organizado por EU.

Despois dunha breve introducción a cargo de Jon Sáez (cabeza de lista  de EU por Ourense) "Quico" reinvidicou a rehbilitación e defensa da dignidade do movemento guerrilleiro victima da amnesia que relegou ao olvido, polo precio duhna amnistía, a loita armada contra o franquismo.

Ao rematar o acto tivo lugar unha cea na que  as /os asitentes entonamos a "Internacional" e o "Himno de Riego" presididos pola bandeira republicana nun ambiente de emoción e loita.

jueves, 14 de abril de 2011

Programa de Esquerda Unida Ourense.


Esquerda Unida preséntase a estas eleccións cun obxectivo claro: diminuír a taxa de paro creando emprego público e de calidade dende un Concello forte e transparente, adaptado á realidade de todos nós.

A nosa proposta para xerar emprego céntrase no desenvolvemento económico local, na participación cidadá, nas políticas activas de emprego, na potenciación dos servizos públicos e nun plan de traballo e formación para parados. As propostas xiran en torno ós seguintes cinco eixos:
A.Concello como xerador de emprego.
-E.U. propón un plan municipal de apoio ó emprego creando novos postos de traballo nos eidos da economía social, do termalismo, da vixilancia medioambiental, do coperativismo, do pequeno comercio e do autoemprego.
-Traballaremos pola creación de novas empresas municipais de medioambiente e de enerxías renovables, con especial atención á enerxía solar e á xeotérmica.
-Incremento paulatino da participación do Concello no gasto público ate chegar ó 33% dos Presupostos Xerais do Estado fronte o 13% actual.
B.Concellos democráticos e participativos.
-Dende E.U. apostamos pola construción de modelos de participación pública, nos que a cidadanía participe directamente na xestión municipal.
-Propomos impulsar orzamentos participativos vinculantes no deseño e elaboración de materias municipais.
-Ofrecemos unha xestión transparente, creando os mecanismos axeitados para abolir a corrupción.-Pediremos unha regulación estricta das incompatibilidades de cargos públicos esixindo a rendición de contas a cada responsable político.
-Garantimos unha adaptación salarial dos cargos públicos á realidade social de Ourense.
C. Concellos con servizos públicos de calidade
-E.U. Defende o fortalecemento e defensa do sector público e a remunicipalización de servizos privatizados.
-Pularemos pola creación de novas garderías e comedores escolares públicos así coma a ampliación de horarios dos mesmos.
-Crearemos servizos de estancia diurna e mini residencias para os nosos maiores, sendo este o modelo de xestión máis integrador e sostible.
-Promocionarase o uso compartido de espazos deportivos existentes (colexios, institutos, universidade...) optimizando o seu uso tanto para fins deportivos, educativos e culturais.
-Dende E.U. esiximos o cumprimento estricto en Ourense da lei de saúde sexual e reproductiva e da interrupción voluntaria do embarazo.
-Apoiamos a creación dunha Rede de Concellos Galegos en Defensa da Sanidade Pública.
-Manifestámonos en contra da futura privatización da sanidade e non toleramos a pésima situación na que se encontra, impedindo a supresión das Áreas Sanitarias e dos servizos dos que xa dispomos, seguiremos pulando pola construcción das novas infrastructuras sanitarias necesarias.
-Empregarase o software libre na administración municipal e fomentarase o uso do mesmo en toda a cidade.
D.Desenvolvemento local sostible.
-E.U. avoga pola cidade compacta de proximidade, sostible e o servizo dos veciños, concentrando a oferta de bens e servizos en redes de pequenos noos repartidos de maneira homoxenea, e revitalizando o casco histórico.
-Priorizarase o espazo nos mercados urbanos e a exención fiscal ás pequenas explotacións agrícolas e gandeiras para abastecer a cidade de maneira que sexa ambiental e socialmente sostible.
-Establecemento do billete único para todo o transporte público (só pagas a 1ª viaxe cada día).
-Xestión pública dos transportes urbanos (remunicipalización do transporte).
-Ampliación e mellor distribución das liñas de autobuses.
-Implantación do metro lixeiro aproveitando os catro ramais ferroviarios que saen dende Ourense.
-Inicio dunha amplia rede de carril-bici.
-Esiximos o saneamento integral de todas as augas, a municipalización dos servizos de auga e saneamento a implantación de tarifas progresivas, o control dos refugallos o control estricto dos verquidos, e o cumprimento da lei que é tarefa fundamental.
-E.U. pulará pola máxima presión legal, fiscal e social ós responsables da situación catastrófica de todos os nosos rios, especialmente a do Barbaña.
E.Municipios garantía de igualdade.
-E.U. esixe a supresión de todalas barreiras arquitectonicas que sesgan o día a día de quen teña algunha discapacidade.
-Continuaremos na loita pola defensa da igualdade de todas as persoas independentemente da sua orientación afectiva, sexual, relixiosa, ideolóxica ou de procedencia, sempre apostando por unha cidade laica.
-E.U. promoverá a educación en valores por unha cidade de futuro para a xuventude creando emprego e proxección de vida para que poda quedar en Ourense.
-Xestionarase o aluguer de vivendas de baixo custo, incentivando o aluguer, mellorando a progreividade fiscal e rehabilitando vivendas e edificios en mal estado.
-Pularase activamente para que ningún traballador sexa contratado mediante unha ETT.


-E.U. propón a creación do Consello municipal da paz, a solidaridade e a coperación.

domingo, 10 de abril de 2011

E.U. contra os verquidos que sofren os nosos rios.


Andaina rivindicativa pola ribeira do Barbaña.

O consello comarcal de EU Ourense participou na andaina reivindicativa convocada pola "Plataforma Ríos Limpos" da que Esquerda Unida forma parte.

A actividade, que tivo lugar o sábado 10 de abril de 10:30 h, ata 12h30, consistiu nun percorrido polas ribeiras do río Barbaña, na que se sinalización os verquidos contaminantes atopados durante o traxecto.

Ao finalizar deuse lectura a un manifesto no que se esixe que se cumpra a legalidade vixente e se poña freo os verquidos por parte de empresas e particulares.

viernes, 8 de abril de 2011

Presentación da candidatura de E.U. Ourense.


Presentación da candidatura de Esquerda Unida á alcaldía de Ourense.
O pasado venres día 8 ás 11.00h na sede de EU en Ourense, presentouse a candidatura de Esquerda Unida ás eleccións municipais do 22 de maio. Esquerda Unida en Ourense pon todas as súas forzas para acadar o maior número de concelleiros posibles e facer mudar as políticas en prol de Ourense e darlle a voz a todos os seus veciños.

Jon Sáez García, estudante de Ciencias Políticas de 22 anos, encabeza unha lista repleta de compromiso, xuventude e experiencia. O candidato esbozou as liñas xerais do programa electoral e as propostas de EU. Tamén denunciou as situacións que no día a día se atopan e sofren os ourensáns, tales coma enorme perda de poboación na provincia, a excesiva contaminación dos nosos rios, os salarios indecentes dos políticos locais e provinciais, o colapso da sanidade en todo Ourense ou a mala xestión do transporte e a mala distribución das liñas de autobús e a falta de máis medios de transporte público.

jueves, 7 de abril de 2011

Manifestación Plataforma SOS Sanidade.

M. Peña Rey leu o manifesto o remate da manifestación.

O pasado xoves día 7 ás 20:00h saíu do Pavillón dos Remedios unha multitudinaria manifestación en defensa da sanidade pública de Ourense.

A manifestación que chegou ata a Praza Maior, diante do Concello, contaba con máis de 3.000 asistentes e estaba secundada por decenas de asociacións, organizacións e agrupacións.

Os manifestantes esixíronlle á Xunta que non se discriminase a Ourense en materia sanitaria e que non se mirase cara outro lado en temas tan importantes como a situación do psiquiátrico de Toén ou a construción dun novo hospital.

Dende E.U. en Ourense participamos activamente na Plataforma SOS Sanidade Pública para que a situación troque e podamos dispor de novas infraestruturas sanitarias para que os nosos veciños teñan a sanidade que merecen.

Os compañeiros de E.U. denuncian a hipocrisía de certas partidos políticos que nada fixeron na plataforma en prol da sanidade, e que atacaron ós convocantes desta manifestación, a pesar de que as organizacións que estamos dentro da plataforma, entre elas E.U. traballamos con todas as nosas forzas por un obxectivo claro e firme, defender a nosa sanidade, defender a sanidade de todos os veciños, defender a sanidade de Ourense.

martes, 5 de abril de 2011

IV encontro do Foro Feminista Falando Nós.


O pasado martes 5 de abril tivo lugar no Centro Cívico da rúa Colón de Ourense o cuarto encontro do foro feminista "Falando Nós" ao que asistiron 28 persoas.

A voceira do foro, Carmen Iglesias presentou balance das accións acordadas na última asemblea para tratar de regular a obxección de conciencia do persoal sanitario perante o dereito ao aborto:

- Adhesión á "Plataforma en Defensa da Sanidade Pública". E participación na manifestación do día 7 con franxa propia.

- Prestación do foro e a acción do tema que nos ocupa nunha proxección do Cine Clube de temática feminista.

- Elaboración dun panfleto que xa se está a repartir.

- Documento elaborado pola avogada Victoria Dieguez para seren presentado en diversas entidades : Concellos , Xunta , Sanidade...

- Charla-coloquio impartida polo Dr. Doval no Ateneo de Ourense o 28 de abril.

Péchase o encontro ás 9:30 h. despois dun entusiasta debate e co acordo de volver reunírmonos o 31 de maio