Esquerda Unida, Ourense.

Benvidos compañeiros! Esquerda Unida en Ourense quere cambiar esta cidade. Non queremos corrupción, non queremos caziquismo nin oportunismo, tampouco queremos que a política a fagan "políticos profesionais", claro está que eles non representan a voz dos intereses de todos os veciños, por iso nós queremos outro modelo de política con democracia participativa onde sexan os ourensáns os que decidan que modelo de cidade queren para eles e as vindeiras xeracións. Saúde e igualdade.

domingo, 13 de marzo de 2011

E.U. en defensa da rehabilitación da Ponte Romana.


Fotografía tomada dende o Ribeiriño.

A Ponte Romana de Ourense non é só unha ponte, senon que é tamén unnha construcción que representa a unión das duas veiras do río Miño desde a sua construcción no século I d.C. E e da súa derradeira reconstrucción no século XVII.


A Ponte Romana está desde vai moitos anos nunha pésima situación posto que nunca se fixo unha recuperación completa da mesma. Isto é facilmente observable, entre tantas fendas que se dan por toda a infrastructura aparecen unha e outra vez distintos tipos de hervas, arbustos e diversas floracións coma se dunha "gran maceta" se tratase. As raices, musgo, as filtracións de auga e a falta de investimento fan que cada vez sexa peor o estado da nosa ben querida Ponte.

Desde Esquerda Unida seguimos na defensa do noso patrimonio. Jon Sáez García afirma que "o traballo o temos na casa, non podemos mirar para outro lado mentres despilfarramos cartos de todos en favor duns poucos; ese traballo o temos aquí en Ourense, somos unha cidade e unha provincia moi rica, non temos que ir a ningures só temos que loitar polo que verdaderamente importa, polas nosas pontes, os nosos edificios, a nosa agricultura, a nosa terra, temos que loitar pola nosa cidade e traballar para ela, e iso só o fan os traballadores.

Os políticos só poden axudar ABOLINDO A CORRUPCIÓN!"

jueves, 3 de marzo de 2011

Miles de vivendas baleiras en Ourense.


Vista aerea de Ourense.

Ourense dispón de 4.000 vivendas baleiras, mentres tanto os mozos e mozas da cidade ven imposíbel independizarse, esta situación ten que mudar e temos que ser quen de dar solución a todo aquel que precise  dunha vivenda.
Para isto Esquerda Unida propón a adopción de medidas que incentiven o aluguer e a creación dun parque municipal de vivendas para evitar así a especulación e os prezos abusivos ou irreais dos inmobles; así darase unha maior e mellor cobertura tanto ao propietario coma ó inquilino.