Esquerda Unida preséntase a estas eleccións cun obxectivo claro: diminuír a taxa de paro creando emprego público e de calidade dende un Concello forte e transparente, adaptado á realidade de todos nós.A nosa proposta para xerar emprego céntrase no desenvolvemento económico local, na participación cidadá, nas políticas activas de emprego, na potenciación dos servizos públicos e nun plan de traballo e formación para parados. As propostas xiran en torno ós seguintes cinco eixos:
A.Concello como xerador de emprego.
-E.U. propón un plan municipal de apoio ó emprego creando novos postos de traballo nos eidos da economía social, do termalismo, da vixilancia medioambiental, do coperativismo, do pequeno comercio e do autoemprego.
-Traballaremos pola creación de novas empresas municipais de medioambiente e de enerxías renovables, con especial atención á enerxía solar e á xeotérmica.
-Incremento paulatino da participación do Concello no gasto público ate chegar ó 33% dos Presupostos Xerais do Estado fronte o 13% actual.
B.Concellos democráticos e participativos.
-Dende E.U. apostamos pola construción de modelos de participación pública, nos que a cidadanía participe directamente na xestión municipal.
-Propomos impulsar orzamentos participativos vinculantes no deseño e elaboración de materias municipais.
-Ofrecemos unha xestión transparente, creando os mecanismos axeitados para abolir a corrupción.-Pediremos unha regulación estricta das incompatibilidades de cargos públicos esixindo a rendición de contas a cada responsable político.
-Garantimos unha adaptación salarial dos cargos públicos á realidade social de Ourense.
C. Concellos con servizos públicos de calidade
-E.U. Defende o fortalecemento e defensa do sector público e a remunicipalización de servizos privatizados.
-Pularemos pola creación de novas garderías e comedores escolares públicos así coma a ampliación de horarios dos mesmos.
-Crearemos servizos de estancia diurna e mini residencias para os nosos maiores, sendo este o modelo de xestión máis integrador e sostible.
-Promocionarase o uso compartido de espazos deportivos existentes (colexios, institutos, universidade...) optimizando o seu uso tanto para fins deportivos, educativos e culturais.
-Dende E.U. esiximos o cumprimento estricto en Ourense da lei de saúde sexual e reproductiva e da interrupción voluntaria do embarazo.
-Apoiamos a creación dunha Rede de Concellos Galegos en Defensa da Sanidade Pública.
-Manifestámonos en contra da futura privatización da sanidade e non toleramos a pésima situación na que se encontra, impedindo a supresión das Áreas Sanitarias e dos servizos dos que xa dispomos, seguiremos pulando pola construcción das novas infrastructuras sanitarias necesarias.
-Empregarase o software libre na administración municipal e fomentarase o uso do mesmo en toda a cidade.
D.Desenvolvemento local sostible.
-E.U. avoga pola cidade compacta de proximidade, sostible e o servizo dos veciños, concentrando a oferta de bens e servizos en redes de pequenos noos repartidos de maneira homoxenea, e revitalizando o casco histórico.
-Priorizarase o espazo nos mercados urbanos e a exención fiscal ás pequenas explotacións agrícolas e gandeiras para abastecer a cidade de maneira que sexa ambiental e socialmente sostible.
-Establecemento do billete único para todo o transporte público (só pagas a 1ª viaxe cada día).
-Xestión pública dos transportes urbanos (remunicipalización do transporte).
-Ampliación e mellor distribución das liñas de autobuses.
-Implantación do metro lixeiro aproveitando os catro ramais ferroviarios que saen dende Ourense.
-Inicio dunha amplia rede de carril-bici.
-Esiximos o saneamento integral de todas as augas, a municipalización dos servizos de auga e saneamento a implantación de tarifas progresivas, o control dos refugallos o control estricto dos verquidos, e o cumprimento da lei que é tarefa fundamental.
-E.U. pulará pola máxima presión legal, fiscal e social ós responsables da situación catastrófica de todos os nosos rios, especialmente a do Barbaña.
E.Municipios garantía de igualdade.
-E.U. esixe a supresión de todalas barreiras arquitectonicas que sesgan o día a día de quen teña algunha discapacidade.
-Continuaremos na loita pola defensa da igualdade de todas as persoas independentemente da sua orientación afectiva, sexual, relixiosa, ideolóxica ou de procedencia, sempre apostando por unha cidade laica.
-E.U. promoverá a educación en valores por unha cidade de futuro para a xuventude creando emprego e proxección de vida para que poda quedar en Ourense.
-Xestionarase o aluguer de vivendas de baixo custo, incentivando o aluguer, mellorando a progreividade fiscal e rehabilitando vivendas e edificios en mal estado.
-Pularase activamente para que ningún traballador sexa contratado mediante unha ETT.
-E.U. propón a creación do Consello municipal da paz, a solidaridade e a coperación.
-E.U. propón a creación do Consello municipal da paz, a solidaridade e a coperación.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.