Esquerda Unida, Ourense.

Benvidos compañeiros! Esquerda Unida en Ourense quere cambiar esta cidade. Non queremos corrupción, non queremos caziquismo nin oportunismo, tampouco queremos que a política a fagan "políticos profesionais", claro está que eles non representan a voz dos intereses de todos os veciños, por iso nós queremos outro modelo de política con democracia participativa onde sexan os ourensáns os que decidan que modelo de cidade queren para eles e as vindeiras xeracións. Saúde e igualdade.

lunes, 13 de diciembre de 2010

Jon Sáez García. Candidato de Esquerda Unida á alcaldía de Ourense.

Ourense xa ten candidato por Esquerda Unida. Jon Sáez, estudante de Ciencias Políticas ten 22 anos e unha prolongada actividade política. En 2007 tamén estaba nas listas con EU de cara as eleccións municipais.

  "Entendemos a política coma o mellor para o beneficio da sociedade. Para isto todos nós temos que ser conscientes de que quen ten o poder é a xente, somos nós, non sos gobernates nin os intereses polos que se corrompen e dan as costas ós verdadeiros problemas de todos. Os gobernos conservan o poder por medio da obediencia, e penso que cada vez somos perigrosamente máis obedientes. Os mal chamados "políticos" da man dos grandes intereses coma os da banca e o capital privado, apoiandose sempre nos medios de comunicación masivos difunden e repiten medo ata que nós o asumimos, provocando a nosa a frustración e deixamos de lado o que realmente nos une, isto é inentendible, todos somos traballadores ou futuros traballadores, os que fan funcionar todo. Isto cesará cando nós queramos, cando defendamos os nosos intereses. Xuntos o conseguiremos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.